Buscar
 
 

Resultados por:
 


Rechercher Búsqueda avanzada

Últimos temas
» VII Open de Xadrez de Chantada
Lun Dec 14, 2009 8:34 pm por Admin

» VII Open de Xadrez de Chantada
Lun Dec 14, 2009 8:31 pm por Admin

» II CIRCUITO DE XADREZ ACTIVO GALIZA CENTRAL
Ven Mai 01, 2009 11:13 pm por Salva

» Curso de árbitros o 22 e 29 de marzo na Estrada
Mer Feb 25, 2009 2:15 pm por Admin

» V Open de xadrez de Chantada
Xov Xan 01, 2009 4:04 am por Admin

» V OPEN DE XADREZ DE CHANTADA
Xov Dec 18, 2008 7:47 pm por Admin

» ZONAIS ESTRADEZA 2008-2009 3ª xornada
Lun Nov 10, 2008 2:12 am por Admin

» ZONAIS ESTRADEZA 2008-2009 2ª xornada
Lun Nov 10, 2008 2:10 am por Admin

» ZONAIS ESTRADEZA 2008-2009
Dom Nov 02, 2008 4:28 pm por Salva

Navegación
 Portal
 Índice
 Membros
 Perfil
 FAQ
 Buscar
Xullo 2018
LunMarMerXovVenSabDom
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     

Calendario Calendario

Quen está Online
En total hai 1 usuario online :: 0 Rexistrados, 0 Ocultos e 1 Convidado

Ningún

[ Ver toda la lista ]


A maior cantidade de usuarios online foi 61 o Xov Mai 13, 2010 1:13 am

Curso de árbitros o 22 e 29 de marzo na Estrada

Ir abajo

Curso de árbitros o 22 e 29 de marzo na Estrada

Envío  Admin el Mer Feb 25, 2009 2:15 pm

Curso/Exame de árbitro de base
A Federación Galega de Xadrez, a través do seu Comité de Xuíces Árbitros, convoca un curso para a obtención do título de Árbitro de Base, que terá lugar os vindeiros días 22 e 29 de marzo de 2009 na Estrada.
Enderezo: Avda Benito Vigo 92. 36680 A Estrada
Local de protección civil e da biblioteca municipal.

Calendario
Domingo 22 de marzo (Mañá)
10:00 - 11:45 As leis do xadrez .
11:45 - 12:00 Descanso
12:00 - 13:45 Resolución de casos prácticos sobre leis do xadrez
13:45 - 14:00 Preguntas e aclaracións



Calendario
Domingo 22 marzo (Tarde)
16:00 - 17:45 • Tipos de torneos.
• Tipos de desempate máis usuais.
17:45 - 18:00 Descanso
18:00 - 19:45 • Nocións sobre elo e títulos.
• Introducción ós torneos.
19:45 - 20:00 Preguntas e aclaracións



Calendario
Domingo 29 (mañá)
10:00 - 11:45 • Iniciación ó Swiss Manager.
• Descarga versión demo e instalación.
• Principais menús.
11:45 - 12:00 Descanso
12:00 - 13:45 • Introducción de datos de xogadores.
• Instalación de arquivos de ELO FEDA e FIDE
• Emparellamentos e introducción de resultados.
13:45 - 14:00 Preguntas e aclaracións


Calendario
Domingo 29 (tarde)
16:00 - 17:30
• Examen test, sobre temario anterior.
17:30 – 17:45 Descanso
17:45 - 19:45  Proba práctica sobre o Swiss-manager
19:45 - 20:00 Avaliación das probas


Matrícula
Requerirase ser maior de 16 anos e estar federado. A cuota de matrícula é de 10 €, e estará aberta ata o venres 13 de marzo. Serán necesarios un mínimo de 8 asistentes para a celebración do curso.
Ingreso na conta da Federación Galega “Caixa Galicia” 2091-0567-71-3040002121, e deberase enviar xustificante de pago para confirma-la inscripción.



Proba presencial
Será un exame final con dúas partes, teórica e práctica.
Proba teórica
 1ª parte: Proba tipo test debendo escoller o aspirante a resposta correcta: batería de N preguntas con catro alternativas cada unha, sendo somente unha a correcta. Para a corrección do exame empregarase a fórmular do azar: (Acertos - (Erros/3)) * 10/ N).
 2ª parte: Proba consistente en varias preguntas con respostas máis ou menos breves, a desenvolver polo aspirante
Para superar o examen teórico e obter a calificación de apto tense que conseguir unha puntuación igual ou superior a 5 en cada unha das dúas partes.
Proba práctica

Consistirá en simular un torneo co swiss manager no que se deben dominar polo menos os seguintes contidos:
1. introducción dos datos básicos de torneos e xogadores
2. dominar as opcións de listados máis útiles.
3. emparellamentos, configuración de byes.
4. aplicación de desempates no programa.
Esta proba calificarase coma “apto” ou “non apto”.

Avaliación
Para obter o título de árbitro de base é necesario ter aprobada a parte teórica e a práctica.
No caso de obter o “apto” na proba teórica e non obter o “apto” na proba práctica poderase presentar nun próximo exame de árbitro de base conservando o aprobado na parte teórica.
Temario / Bibliografía
• Leis do xadrez.
• Tipos de torneos.
• Tipos de desempate.
• Nocións sobre elo e títulos.
• Emprego do programa Swiss Manager para xestionar torneos
• Proba práctica sobre un torneo, elaborada con Swiss Manager, ésta será realizada na cuarta sesión




Profesorado
 AN Francisco Javier Ogando González
MOI IMPORTANTE
Para a sesión do manexo do programa swissmanager aconséllase que cada participante leve consigo un ordenador portátil para un mellor seguemento das explicacións, optimizando o tempo dispoñible.
É aconsellable que o temario xa se vaia preparando, para o cal se poderá descargar na páxina web da feda www.feda.org.

Admin
Admin

Cantidade de envíos : 13
Registration date : 19/10/2008

Ver perfil de usuario http://xadrezaestrada.tempocompartido.com

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro