Buscar
 
 

Resultados por:
 


Rechercher Búsqueda avanzada

Últimos temas
» VII Open de Xadrez de Chantada
Lun Dec 14, 2009 8:34 pm por Admin

» VII Open de Xadrez de Chantada
Lun Dec 14, 2009 8:31 pm por Admin

» II CIRCUITO DE XADREZ ACTIVO GALIZA CENTRAL
Ven Mai 01, 2009 11:13 pm por Salva

» Curso de árbitros o 22 e 29 de marzo na Estrada
Mer Feb 25, 2009 2:15 pm por Admin

» V Open de xadrez de Chantada
Xov Xan 01, 2009 4:04 am por Admin

» V OPEN DE XADREZ DE CHANTADA
Xov Dec 18, 2008 7:47 pm por Admin

» ZONAIS ESTRADEZA 2008-2009 3ª xornada
Lun Nov 10, 2008 2:12 am por Admin

» ZONAIS ESTRADEZA 2008-2009 2ª xornada
Lun Nov 10, 2008 2:10 am por Admin

» ZONAIS ESTRADEZA 2008-2009
Dom Nov 02, 2008 4:28 pm por Salva

Navegación
 Portal
 Índice
 Membros
 Perfil
 FAQ
 Buscar
Novembro 2018
LunMarMerXovVenSabDom
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Calendario Calendario

Quen está Online
En total hai 2 usuarios online :: 0 Rexistrados, 0 Ocultos e 2 Convidados

Ningún

[ Ver toda la lista ]


A maior cantidade de usuarios online foi 61 o Xov Mai 13, 2010 1:13 am

VII Open de Xadrez de Chantada

Ir abajo

VII Open de Xadrez de Chantada

Envío  Admin el Lun Dec 14, 2009 8:31 pm

“O CLUBE CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ”, CONVOCA , polo galo do NADAL CHANTADINO, a igual que deica ahora veu facendo todos os anos dende a súa Fundación, o VII Open de XADREZ DE CHANTADA.-

Temos prevista unha participación entre setenta e oitenta xadrecistas procedentes de diversos lugares de Galicia e doutras Comunidades Autónomas, que agardamos como veu acontecendo sempre nestas datas sexa record na vila Chantadina.-

O Torneo é un froito máis do traballo dunha década elaborado en Chantada, que partindo da organización dun pequeno torneo entre aficionados locais deu lugar ao parto de dous clubes de xadrez, actualmente unificados en torno ao circulo Chantadino.-

Actualmente o Circulo Chantadino de Xadrez conta con varios equipos na categoría básica, así coma un equipo recen ascendido a segunda división, categoria na que ademáis de contar entre as súas filas cos artifices do ascenso, reforzase con xogadores de renome internacional como son o Gran Mestre arxentino Alexandre Hoffman, Ramón Delgado con máis de 2100 de Elo FIDE, ou figuras locais que noutros tempos xogaron en preferente e primeira como son Miguel Vazquez Fortes (Gotera) ou pedro Guitián.-

Ademáis de organizar este torneo, O Circulo Chantadino xunto cos nenos das Escolas de Xadrez participaron o derradeiro fin de semana nos zonais da estradeza xogados en Lalín e o dia 27 de Decembro en Pontevedra.- Acabase de crear un dominio de internet www.cichaxa.org así como unha revista de presentación pretendendo proseguir co fomento do xadrez no corazón de Galicia

O dia 9 de Xaneiro empeza a LIGA GALEGA DE XADREZ, donde o primeiro equipo do Circulo Chantadino o CIRCULO XADREZ CHANTADA , debutante de segunda división aspira a todo, e non descarta estar para a vindeira tempada en primeira división.-

Pola outra banda, en reunión da Xunta Directiva do Circulo Chantadino de Xadrez celebrada no pasado mes de novembro, debateuse a dimisión presentada polo presidente e fundador do club Anxo Boán así como a persoa que habería de sustituilo ao fronte do club acordando entre todos aprazar o tema por tempo indefinido e en todo caso non prantexalo deica o remate da LIGA DE XADREZ POR CLUBES no vindeiro mes de abril do ano 2010.-

VII .-OPEN DE XADREZ DE CHANTADA.- FICHA TECNICA

PATROCINIO: Concello de Chantada.-

CLUB ORGANIZADOR: Circulo Chantadino de Xadrez.-

LOCAL DE XOGO: Pavillon Polideportivo Municipal de Chantada.-

DIRECTOR DE ORGANIZACIÓN: Anxo Boán Rodríguez (649068037).-

EXECUTOR MATERIAL TORNEO: Enrique Rojo Rojo (609433157)

ENCARGADO INFOMATICA EMPARELLAMENTOS: Enrique Rojo Rojo

ARBITROS TORNEO: Juán Jesús Sanz Sixto e Enrique Rojo Rojo.-

AUXILIARES DE EXECUCION: A determinar entre pais procedentes da escola.-

ENCARGADO ADMINISTRACION PAXINA WEB: Camilo Rodríguez Ferreiro.-

DATA DO TORNEO: 2 de Xaneiro de 2010.-

SISTEMA.- Sistema Suízo.-

CONVIDADOS: Autoridades Municipais, Alcalde e concelleiro deportes, Director das Escolas Deportivas, Presidente e Representante da Federacion Galega de Xadrez, ademáis pretendemos contar con algun xadrecista de renome.-

BASES e PREMIOS DO TORNEO: www.cichaxa.es www.tabladeflandes.com y www.fegaxa.org


RITMO DOS ACONTECEMENTOS

PRESENTACION E RECONTO DE LISTA: 16,10 horas.-

Primeira Rolda: 16,30 horas
Segunda Rolda: 16,55 horas
Terceira Rolda: 17,20 horas
Cuarta Rolda: 14,45 horas
Quinta Rolda: 18, 10 horas
Sexta Rolda: 18, 35
Sétima Rolda 19,10.-
Remate torneo: 19: 30 Descanso, e desempates torneo Xigante.-

20 horas.- Execución da entrega de premios a cargo de Enrique Rojo e sorteo da camiseta do club.- Clausura do Torneo a cargo de Anxo Boán.-Entrega de lambetadas ou similar á saída do Pavillón unha vez clausurado o torneo, (ás 20,30 aproximadamente)

VII OPEN DE XADREZ DE CHANTADA. BASES TORNEO

BASE PREVIA.- Co patrocinio do Concello de Chantada, y Organizado polo club Circulo Chantadino de Xadrez, o vindeiro 2 de Xaneiro do 2009, a partir das 4,15 da tarde celebraremos no Pavillón Polideportivo Municipal de Chantada o VII OPEN DE XADREZ DE CHANTADA promovido polo club Circulo Chantadino de Xadrez e que se rexirá polas bases que se din a continuación.-

PRIMEIRA.- INSCRICIONS INDIVIDUAL

1.A Inscrición será gratuíta para todos os participantes con unha idade mínima de cinco anos e con unha idade máxima de 110 anos, e deberase facer mediante solicitude as mediante e-mail a ben a direccion de correo electrónico cichaxa@yahoo.es ben a dirección de correo electrónico anxoboan@hotmail.com A solicitude será informal na que se manifestará a vontade de inscribirse e deberá conter como mínimo o nome, apelidos de data de nacemento, así como dirección de correo electrónico dónde poidamos confirmar a inscrición.- Tamén se fará constar o club de procedencia número de telefono e Elo do inscrito se fora o caso, aínda que estos derradeiros requisitos non son esenciais.-
2. Tamén podes contactarnos a través da páxina web www.cichaxa.es , pero a mesma non se completará ata comunicación por correo electrónico procedente de calquera das direccións de correo anteriores.-
3. Os nenos das Escolas de Xadrez de Chantada farano a través do director da mesma Enrique Rojo Rojo.-
AFORO: O prazo remata antes das 24 horas do 31-12 do 2009 ou esgotarse o aforo ata 80 participantes seguindo a orde dos correos chegados, sendo que nas listas colectivas terán preferencia os primeiros inscritos sobre os últimos inscritos

SEGUNDA.- INCRICION POR EQUIPOS.-

Poderán inscribirse ata un equipo por club e categoría dentro do prazo e nas direccións de correo previstas para a categoría individual.-

As categorías, tendo en conta a data desta convocatoria, serán:

a.-Categoría nen@s sub 12.- con todos aqueles nen@s nados no ano 1997 e posteriores

b.-Categoría absotuta : Todos aqueles nados antes do 1-1-1997.-

O número mínimo de inscrición por equipos será de catro xogadores por categoría e a puntuación final obtense da suma dos puntos obtidos polos catro mellores clasificados de cada club e categoría. Se desta suma se dera empate, miraranse os quintos mellores clasificados, os sextos e asi sucesivamente, e se aínda persistira o empate, decidirase por moeda a cara ou cruz.-

TERCEIRA .- GRUPOS E SISTEMA DE XOGO.-

Sen Prexuízo das categorías que se dirán na sección de premios o torneo desenrolarase en dous Grupos:

A.- GRUPO A .- Nados en data anterior a 1-1-1997.- Serán partidas rápidas con 5+5 minutos de tempo para cada xogador. O sistema é o suizo con 7 quendas, e en caso de empate, o sistema será o Buchoz progresivo.-

B.-GRUPO B.- Nados o dia 1-1-1997 ou data posterior.- Seis roldas con tempo de 5+5 minutos para cada xogador.- Ao final do torneo os dous mellores clasificados siguindo un sistema de desempate de Buchoz progresivo, se fose o caso, xogarán a final nun xadrez xigante cun tempo de 15 minutos cada xogador.- Os sistema de desempate será igualmente o sistema BUCHOZ PROGRESIVO.- O primeiro clasificado xogará con brancas e o segundo clasificado con mouras.- En caso de táboas o campeón será o xogador que leve as mouras.-

CUARTA .- CATEGORIAS E PREMIOS.-

a) TROFEOS.-

Premio Escolas Deportivas Municipais de Chantada ao Equipo Campeón de Categoria Absoluta: Trofeo ao equipo mellor clasificado que resulte da suma dos puntos das catro mellores clasificacions individuais no grupo A, e caso de empate procederase como antes se dixo.-

Premio Escolas Deportivas Municipais de Chantada: Trofeo ao Equipo subcampeón da Categoría Absoluta: Ao Segundo clasificado seguindo os criterios anteriores.-

Premio Escolas Deportivas Municipais de Chantada: Trofeo ao Equipo Campeón da Categoría Infantil: Seguindo os criterios anteriores ao equipo mellor clasificado formado con xogadores do grupo B)

Premio Escolas Deportivas Municipais de Chantada: Trofeo ao Equipo Subcampeón da Categoría Infantil: Seguindo os criterios anteriores ao equipo mellor clasificado formado por xogadores do Grupo B)

Premio Escolas Deportivas Municipais de Chantada: Trofeo ao Campeón absoluto do Torneo

Premio Escolas Deportivas Municipais de Chantada: Trofeo ao Mellor clasificado Sub-12.-

Premio Escolas Deportivas Muncipais de Chantada: Trofeo ao xogador local mellor clasificado na categoría absoluta.-

b) MEDALLAS donadas polo CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ.-

Independentemente do grupo que cada participante estivera inscrito, e tendo en conta que iste torneo foi convocado no ano 2009 optaran a medalla os siguinte participantes:


1.- Campión/a e subcampión/a categoría Absuluta que corresponde ao primeiro e segundo clasificado do GRUPO A)

2.-Campión/a e subcampión/a SUB-16.- os dous mellores clasificados nados entre o 1/1/1993 e o 31/12/1994

3.-Campión/a e subcampión/a SUB-14.- os dous mellores clasificados nados entre o 1/1/1995 e 31/12/1996.-

4.-Campión/a e subcampión/a SUB 12.- os dous mellores clasificados nados entre o 1/1/1997 e o 31/12/1999

5.-Campión/a e subcampión/a SUB 10.- os dous mellores clasificados nados a partir do 1/1/2000

c) OUTROS AGASALLOS CONCELLO DE CHANTADA.-

Pan con nocilla, lambetadas ou similar para os nenos a cargo do Concello de Chantada.- Tamén se sorteará unha camiseta con emblema do CIRCULO CHANTADINO DE XADREZ entre os máis pequenos.


CUARTO.- MODIFICACIONS DESTAS BASES.-

Pretendemos dotar de seriedade o torneo sen perder a súa vocación festiva do evento.- A Organización por motivos de aforo, material ou outras igualmente xustificadas reservase o dereito de leves modificacións das bases do torneo que non afectaran o sustancial orde establecido.- Se por motivos de aforo se variase o local do xogo, sempre dentro da mesma localidade, preavisarase polo menos con 48 horas de antelación no correo electronico que aos efectos de confirmación da inscrición nos proporcionedes.-

Así mesmo durante a competición deberá estar presente algún adulto encargado dos que participen na categoria de menos de 12 anos.- A organización reservase o dereito de pedir DNI ou libro de familia acreditativo da idade.-

Faise saber: Que este torneo navideño creado no ano 1995 vai gañando en número de participantes cada ano e que pretende atraer como atrae cada ano máis número de participantes.- Na ediccion anterior acadou cerca de setenta participantes sendo record de participacion na vila Chantadina dende a fundación do clube enriba de eventos cheos de éxito como foron o campionato provincial escolar do 2008, o OPEN de agosto 2009 con motivo das festas patronais ou a do derradeiro GALIZA CENTRAL do pasado 10 de Outubro que a súa vez foi etapa record en número de participantes de todas as etapas celebradas por mor do Circuito Galicia Central.-

Forzosamente temos que agradecer ao Concello de Chantada o patrocinio do VII OPEN DE XADREZ DE CHANTADA, e desde logo agradecer de maneira especial a todos os participantes que a bo recado van acudir prodecentes de todos os puntos da Terra Galega e aínda de máis lonxe e precisamente por ese esforzo que reporta, temos que forzosamente agradecer de forma anticipada a presenza e participación de todos aqueles que acoden a este torneo procedentes de todos os puntos das terra galega e aínda máis lonxe e de maneira especial aos MEDIOS DE COMUNICACIÓN QUE, XUNTO COS ANTERIORES SON OS QUE LLE DAN VIDA A ESTE TORNEO E FAN QUE CADA ANO SIGA AUMENTANDO EN PARTICIPACION

Ado.- ANXO BOAN RODRIGUEZ.- (Tesoreiro e encargado de organización.-) Teléfono Contacto 649 068 037



Organiza:


Círculo Chantadino de Xadrez
http://www.cichaxa.es/

Patrocina:


Concello de Chantada
http://www.concellodechantada.org/
[url=C.X. Chantada]www.cichaxa.org[/url]

Admin
Admin

Cantidade de envíos : 13
Registration date : 19/10/2008

Ver perfil de usuario http://xadrezaestrada.tempocompartido.com

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro