Buscar
 
 

Resultados por:
 


Rechercher Búsqueda avanzada

Últimos temas
» VII Open de Xadrez de Chantada
Lun Dec 14, 2009 8:34 pm por Admin

» VII Open de Xadrez de Chantada
Lun Dec 14, 2009 8:31 pm por Admin

» II CIRCUITO DE XADREZ ACTIVO GALIZA CENTRAL
Ven Mai 01, 2009 11:13 pm por Salva

» Curso de árbitros o 22 e 29 de marzo na Estrada
Mer Feb 25, 2009 2:15 pm por Admin

» V Open de xadrez de Chantada
Xov Xan 01, 2009 4:04 am por Admin

» V OPEN DE XADREZ DE CHANTADA
Xov Dec 18, 2008 7:47 pm por Admin

» ZONAIS ESTRADEZA 2008-2009 3ª xornada
Lun Nov 10, 2008 2:12 am por Admin

» ZONAIS ESTRADEZA 2008-2009 2ª xornada
Lun Nov 10, 2008 2:10 am por Admin

» ZONAIS ESTRADEZA 2008-2009
Dom Nov 02, 2008 4:28 pm por Salva

Navegación
 Portal
 Índice
 Membros
 Perfil
 FAQ
 Buscar
Novembro 2018
LunMarMerXovVenSabDom
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Calendario Calendario

Quen está Online
En total hai 2 usuarios online :: 0 Rexistrados, 0 Ocultos e 2 Convidados

Ningún

[ Ver toda la lista ]


A maior cantidade de usuarios online foi 61 o Xov Mai 13, 2010 1:13 am

Escola Municipal de Xadrez

Ir abajo

Escola Municipal de Xadrez

Envío  Admin el Ven Out 24, 2008 7:02 pm

Bos días a todos,
Comezamos a preparar a nova tempada de xadrez e como nota salientable cabe destacar a posta en marcha do novo curso para a Escola de Xadrez.
O club A.C. A Estrada, en colaboración co Concello, pon en marcha un ano máis a andaina da Escola Municipal de Xadrez na Casa da Cultura, ó carón da Biblioteca Municipal.
Este traballo ten como obxetivo a promoción, divulgación e ensinanza deste xogo ciencia dun grande valor didáctico e formativo, nas que as súas regras e estratexias son aplicadas en todas e cada unha das actividades diarias do ser humán. A meta non está encamiñada só a saber xogar, senon que se pretende potenciar, entre outras cualidades, as facultades innatas do individuo así coma o desenrolo da personalidade, a intelixencia e a creatividade. Ademáis, contribúe a afianzar hábitos de disciplina e valoración do traballo e do esforzo persoal.
En Galiza estase a dar unha eclosión de xogadores de alto nivel, que comenzóu fai algúns anos coa aposta decidida dalgúns concellos e colexios en promocionar este deporte e que ten a sua recompensa nunha marea de xogadores de altísimo nivel que están a representar ó noso país por todo o mundo. O punto culminante desta eclosión tivo lugar o pasado ano coa obtención do título de Grande Mestre (O máximo no mundo do xadrez e ó alcance duns poucos privilexiados) polo xogador ourensán Iván Salgado de tan só 16 anos de idade (o xogador que máis axiña conseguíu este título en España) e máis recentemente a obtención do título de campión de España Absoluto e de Mestre Internacional do xogador de Muros, David Lariño, de tan só 19 anos de idade. Tras eles hai xa un elenco de xogadores codiciados polos mellores equipos de España que son froito destas escolas que proliferaron por toda a xeografía galega.
No caso da Estrada, ven desenvolvendo este papel de promoción a Escola Municipal de Xadrez, dirixida e organizada polo club de Xadrez A.C. A Estrada que tras numerosos cambios de ubicación parece que por fin consigue estabilizarse e atopar un local permanente donde desenvolver as clases con normalidade. Para o que conta cun dos profesores con máis e mellor traxectoria de Galiza, o Arousán Roberto Patiño Romarís, que ademáis de militar na máxima categoría do xadrez galego conta co título de Campión Galego Absoluto no ano 2000 e está apiques de obter o título de Mestre Fide. Deste mestre e amante do xadrez, podemos salientar a súa gran capacidade como didacta e de ser quen de difundir coma ninguén todolos aspectos do xadrez, tanto deportivos, como humáns.
As clases son impartidas os sábados pola mañán en 3 grupos, dependendo dos niveis, cos seguintes horarios:

De 10:00 h ás 10:55 h: Iniciación.
De 10:55 h ás 11:50 h: Nivel intermedio.
De 11:50 h ás 13:30 h: Alto rendemento.

Como para as demáis escolas Municipáis, o prezo das clases é de 12€ ó mes para menores de idade e 20€ para os adultos, que se pagarán na tesourería do concello e por trimestre.
Todo aquel que se queira apuntar pode informarse no Concello ou os mesmos sábados pola mañán na Escola. Tamén poden informarse no teléfono 667782673.
En breve ademáis, o clube contará cunha páxina web http://xadrezaestrada.tempocompartido.com donde aparecerán tódalas novas relacionadas co xadrez na nosa comarca, ademáis dunha plataforma donde se poderá xogar on-line entre os xogadores que queiran participar da mesma.

En vindeiras datas ireivos pasando información daquelas novas que teñan que ver coa nosa actividade.
Ate entón, recibide un cordial saudo,

Xosé Henrique Bazal Bouzas,
Clube de Xadrez A. C. A Estrada
http://xadrezaestrada.tempocompartido.com

Admin
Admin

Cantidade de envíos : 13
Registration date : 19/10/2008

Ver perfil de usuario http://xadrezaestrada.tempocompartido.com

Volver arriba Ir abajo

Volver arriba


 
Permisos de este foro:
Non pode responder a temas neste foro